Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 14 Marzo 2026.

Milleiros de persoas saen ás rúas de Galicia nun 8M combativo contra a onda reaccionaria

    CCOO volveu manifestarse xunta o movemento feminista

    09/03/2026.
    Temas
    CCOO de Galicia estivo presente en varias manifestacións por toda Galicia.

    CCOO de Galicia estivo presente en varias manifestacións por toda Galicia.

    Milleiros de persoas saíron ás rúas de Galicia este domingo, Día Internacional das Mulleres, para erguer a voz e facer fronte á onda reaccionaria, que ten no antifeminismo un dos seus piares. CCOO de Galicia estivo presente en manifestacións e concentracións na Coruña, Ferrol, Lalín, Lugo, Pontevedra, Ribadeo, Ribeira, Santiago de Compostela, Vilagarcía e Vigo.

    Este 8 de marzo celebramos o poder das mulleres en todo o país. O poder das mulleres é visible estes días a través de diversas accións nas rúas, pero está plasmado na loita diaria que libramos para acadar a igualdade.

    O poder das mulleres é tamén o poder da intervención sindical nas empresas e nas Administracións públicas a través de plans de igualdade. Ou o poder de mellorar os salarios de todas con sucesivos aumentos do salario mínimo. O poder de organizarnos nos sectores máis precarios para liberarnos das trampas que nos intentan impoñer. É o poder do feminismo sindical, que este 8M de 2026 volveu ás rúas xunta o movemento feminista. Construíndo o futuro.